Espazos para sentir

A Xunta de Galicia, o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) e a Deputación de Ourense, prepararon un catastro de recursos que reúne algúns dos espazos máis singulares e importantes da provincia para a celebración de eventos.

A dixitalización de destinos, a chegada da Alta Velocidade e a profesionalización dos servizos farán deste rexistro unha ferramenta para mellorar a comercialización e promoción da provincia en diversos mercados emisores que, á súa vez, promoverán o turismo de reunións a nivel nacional e internacional.

Esta web contén 65 espazos: espazos acolledores, espazos formais e espazos senlleiros, ordenados alfabeticamente. Traducido aos tres idiomas, este sitio web ten unha ficha técnica detallada para cada produto e fotografías de cada espazo.

Agradecemos de antemán a todos os que colaboraron facilitando a información e esperamos que este medio de difusión promocione fielmente os tesouros da provincia de Ourense.

A nosa arquitectura é poesía visual, versos que emanan e conquistas flúen de cada recuncho.